Casa Xorxeira nace en 2012 despois de dar algunhas voltas por diferentes paises e en distintos traballos sinto a chamada de volver á terra onde me criei.

Nace en min unha necesidade imperante de estar na natureza e traballar con ela, coidala e imitala para facer as cousas de maneira diferente. Para darme a oportunidade de saber, realmente confirmar, que a terra nos dá o que necesitamos sen pedir nada a cambio.

A nivel familiar, tamén necesitaba un cambio, necesitaba poder conciliar a vida laboral coa familiar. Para min esta é a mellor e máis agradable forma de estar preto da familia e realizar o meu traballo. Cada membro da familia pode participar, involucrarse nas tarefas que comporta o cultivo de produtos ecolóxicos.p> < p>Despois destas palabras, como podes imaxinar, os nosos cultivos non poden ser máis que cultivos limpos, cultivos de produción orgánica. Todo un orgullo para nós.